cabeza tabla sidebar
Inicio
Axudas e Subvencións
II Edición dos Premios Provinciais do Pequeno Comercio
27/10/2010

A Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio convoca a segunda edición dos Premios Provinciais do Pequeno Comercio, uns galardóns que recoñecen os seguintes aspectos:

  • O traballo daquelas administracións locais que contribúen a que os centros urbanos das vilas da provincia de Pontevedra sexan máis atractivos, dinámicos, competitivos e sostibles.
  • As accións e actividades que levan a cabo as agrupacións de comerciantes para incrementar e mellorar os servizos prestados ós pequenos comerciantes por medio da posta en marcha e da boa xestión de diferentes iniciativas.
  • A profesionalidade, desenvolvemento comercial, imaxe, compromiso co modelo de comercio tradicional, proxección e innovación do pequeno comercio.
  • O bo facer, introducción de modificacións significativas, modernización, imaxe e proxección comercial dos comercios tradicionais con, polo menos, dez anos de antigüidade.
  • A posta en marcha de pequenos comercios impulsados por mulleres, a conciliación e o autoemprego feminino.

Descargar os seguintes documentos: ANEXO_declaracion, ANEXO_presentacion candidatura, bop_PONTEVEDRA_15ou10, Carta_Premios_E10

Máis información nas oficinas de Entretendas C.C.U., en C/ Progreso nº66, Local B, 36960 Sanxenxo.

pie tabla sidebar
facebook
facebook
twitter
tuenti

ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano
Asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo. 2010
info@entretendas.com  T.986 721 038

deputacion