cabeza tabla sidebar
Inicio
Comunicación
CURSOS DE FORMACIÓN PARA ASOCIADOS DE ENTRETENDAS CCU
8/02/2012
A Asociación de Comerciantes do concello de Sanxenxo comezou o primeiro trimestre do ano coa realización de dous cursos para comerciantes. Os dous cursos elixidos foron xa realizados en tempadas anteriores, pero pola súa demanda constante volven a levarse acabo. O lugar de formación é a Academia Mapa, en Sanxenxo, e a súa duración é de 40 horas, comezando o pasado 23 de xaneiro e con finalización o 8 de marzo. O primeiro de eles é o de TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN NA VENDA, cuxa docente Sandra Mesías Otero, presentará aos alumnos unha visión práctica, basada na experiencia, para fomentar as vendas e fidelizar aos nosos clientes. Esta profesional ten un amplo currículum, desenvolvendo traballos entre os que destacan a Dirección de Recursos Humanos Tesal e a Dirección da Escola de Negocios Infagor. Por outro lado se desenvolverá tamén un curso sobre TECNICAS DE ESCAPARATISMO, fundamental ferramenta para o primeiro contacto co cliente e punto de inicio no interese pola compra. Estas clases serán impartidas pola experta en escaparatismo global, Nélida Carracelas Nieto, xerente de Imagesc. A súa traxectoria está ligada ao comercio de cercanía, visual merchandising, sistema de traballo presencial e a distancia, estilismo e como non, formación. É a súa vez a encargada de xestionar o convenio existente con Entretendas, ofrecendo interesantes descontos para os nosos asociados. Entre os asociados interesados, encontramos sectores do máis dispar: Ópticas, Supermercados, Moda e complementos, Moblerías e decoración, Xoierías e Tendas de informática e servizos tecnolóxicos.
 
ASAMBLEA XERAL DE ASOCIADOS
1/02/2012

Notificamos os nosos asociados que a Asamblea Xeral de Asociados está próximna. Será o xoves 16 de Febreiro de 2012, as 21.00 horas en 1ª convocatoria e as 21.30 en 2ª convocatoria, no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo.

Orde do día:

  1. Presentación e aprobación das contas.
  2. Presentación de actividades realizadas en 2011.
  3. Comunicación das próximas campañas 2012.
  4. Rogos e preguntas.

A Xunta Directiva considera imprescindible a presenza dos asociados a Entretendas CCU para poder delimitar as lineas a seguir na promoción e defensa do pequeno comercio local. É preciso que entre todos  consensúen as propostas e ideas para a posta en valor dos negocios de sempre, das tiendas de proximidade e dos establecimientos nos que os veciños do concello poden encontrar todos os productos e servicios coa mellor calidade. Esperamos a súa asistencia e colaboración.

 
FESTA FIN DO COLE DE ENTRETENDAS
14/06/2011

Un ano máis ENTRETENDAS celebrará a FIESTA FIN DO COLE, pero este ano coa novidade  de que o xoves 16  celebrarase  en Vilalonga, no campo das Festas, e o venres 17 en Portonovo, no  parque do  Espiñeiro.

ENTRETENDAS,  recorda a todos que, para participar na festa, únicamente deben mercar nun establecemento asociado e presentar o ticket de compra. Trae os teus nenos, e verás o ben que o  pasan cos hinchables e os talleres lúdicos.

« Newer PostsOlder Posts »
pie tabla sidebar
facebook
facebook
twitter
tuenti

ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano
Asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo. 2010
info@entretendas.com  T.986 721 038

deputacion