cabeza tabla sidebar
Inicio
Formación
CURSOS DE FORMACIÓN PARA ASOCIADOS DE ENTRETENDAS CCU
8/02/2012
A Asociación de Comerciantes do concello de Sanxenxo comezou o primeiro trimestre do ano coa realización de dous cursos para comerciantes. Os dous cursos elixidos foron xa realizados en tempadas anteriores, pero pola súa demanda constante volven a levarse acabo. O lugar de formación é a Academia Mapa, en Sanxenxo, e a súa duración é de 40 horas, comezando o pasado 23 de xaneiro e con finalización o 8 de marzo. O primeiro de eles é o de TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN NA VENDA, cuxa docente Sandra Mesías Otero, presentará aos alumnos unha visión práctica, basada na experiencia, para fomentar as vendas e fidelizar aos nosos clientes. Esta profesional ten un amplo currículum, desenvolvendo traballos entre os que destacan a Dirección de Recursos Humanos Tesal e a Dirección da Escola de Negocios Infagor. Por outro lado se desenvolverá tamén un curso sobre TECNICAS DE ESCAPARATISMO, fundamental ferramenta para o primeiro contacto co cliente e punto de inicio no interese pola compra. Estas clases serán impartidas pola experta en escaparatismo global, Nélida Carracelas Nieto, xerente de Imagesc. A súa traxectoria está ligada ao comercio de cercanía, visual merchandising, sistema de traballo presencial e a distancia, estilismo e como non, formación. É a súa vez a encargada de xestionar o convenio existente con Entretendas, ofrecendo interesantes descontos para os nosos asociados. Entre os asociados interesados, encontramos sectores do máis dispar: Ópticas, Supermercados, Moda e complementos, Moblerías e decoración, Xoierías e Tendas de informática e servizos tecnolóxicos.
 
SEMINARIO DE AXUDAS O COMERCIO imagen
5/04/2011
Entretendas, coa intención de axudar ò pequeño comercio realizará un SEMINARIO DE "AXUDAS O COMERCIO" o vindeiro xoves día 14 de abril no Edificio de Usos Múltiples de 21:00 horas a 23:00 horas. Este seminario está dirixido a os AUTÓNOMOS  e traballadores . Si estas interesado en realizalo inscríbete chamando o teléfono 986 72 10 38 o al móvil 670753548, aínda estas a tempo. Ou tamén podes pasarte polas nosas oficinas sitas na c/ progreso 79, baixo, local 3B en Sanxenxo
 
Sácalle proveito ao teu Email
27/10/2010
Seminario sobre a utilización do ENDEREZO ELECTRÓNICO NA EMPRESA. Xoves, 21 de Outubro de 2010, ás 20:30 horas en Academia de informática MAPA, en Sanxenxo
Older Posts »
pie tabla sidebar
facebook
facebook
twitter
tuenti

ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano
Asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo. 2010
info@entretendas.com  T.986 721 038

deputacion