cabeza tabla sidebar
Inicio
Vantaxes de Asociarse

VANTAXES DO CENTRO COMERCIAL URBANO FRENTE ÁS GRANDES SUPERFICIES COMERCIAIS

  • O CCU localízase nun entorno urbano, que xeralmente ven a coincidir cos centros urbanos das cidades, o que supón ó mesmo tempo un importante potencial turístico.
  • Un CCU ten vida propia, e interrelación continua coa poboación do seu entorno; soe dispor de espazos abertos e zoas axardinadas.
  • Os comercios integrados nun CCU soportan polo xeral un aluguer máis baixo e cotas de comunidades máis vantaxosas fronte ós localizados nas grandes superficies; ademais poden dispor do seu propio patrimonio (locais).
  • O Comercio tradicional ofrece polo xeral un trato máis personalizado.
  • Os comercios localizados nun CCU gozan dunha exposición continuada dos seus escaparates as 24 horas do día, namentres que nunha grande superficie esta exposición vese restrinxida ó horario que permanece aberto o centro comercial.
  • Nun CCU intégranse outros servizos que non son unicamente comerciais, pero que orixinan importantes fluxos de persoas: administración pública, sanidade, educación...
  • Un CCU é un gran xerador de riqueza para a localidade, pois trátase dun conxunto de PEMES, que veñen a contribuír ó sostemento das economías locais.
  • Un CCU pode ofrecer os mesmos servizos de aparcamento, métodos de pago, promocións e campañas de ornamentación ou promoción que unha gran superficie; ademais conta coa vantaxe de desenvolverse en entorno municipais, co cal pódese contar co apoio das administracións públicas.
pie tabla sidebar
facebook
facebook
twitter
tuenti

ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano
Asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo. 2010
info@entretendas.com  T.986 721 038

deputacion