cabeza tabla sidebar
Novas Formación Comunicacións
CURSOS DE FORMACIÓN PARA ASOCIADOS DE ENTRETENDAS CCU
8/02/2012

A Asociación de Comerciantes do concello de Sanxenxo comezou o primeiro trimestre do ano coa realización de dous cursos para comerciantes.

Os dous cursos elixidos foron xa realizados en tempadas anteriores, pero pola súa demanda constante volven a levarse acabo. O lugar de formación é a Academia Mapa, en Sanxenxo, e a súa duración é de 40 horas, comezando o pasado 23 de xaneiro e con finalización o 8 de marzo.

O primeiro de eles é o de TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN NA VENDA, cuxa docente Sandra Mesías Otero, presentará aos alumnos unha visión práctica, basada na experiencia, para fomentar as vendas e fidelizar aos nosos clientes. Esta profesional ten un amplo currículum, desenvolvendo traballos entre os que destacan a Dirección de Recursos Humanos Tesal e a Dirección da Escola de Negocios Infagor.

Por outro lado se desenvolverá tamén un curso sobre TECNICAS DE ESCAPARATISMO, fundamental ferramenta para o primeiro contacto co cliente e punto de inicio no interese pola compra. Estas clases serán impartidas pola experta en escaparatismo global, Nélida Carracelas Nieto, xerente de Imagesc. A súa traxectoria está ligada ao comercio de cercanía, visual merchandising, sistema de traballo presencial e a distancia, estilismo e como non, formación. É a súa vez a encargada de xestionar o convenio existente con Entretendas, ofrecendo interesantes descontos para os nosos asociados.

Entre os asociados interesados, encontramos sectores do máis dispar: Ópticas, Supermercados, Moda e complementos, Moblerías e decoración, Xoierías e Tendas de informática e servizos tecnolóxicos.

 
pie tabla sidebar
facebook
facebook
twitter
tuenti

ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano
Asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo. 2010
info@entretendas.com  T.986 721 038

deputacion